Wednesday 15 de May de 2024

O Concello de Neda celebrará o 31 de decembro a primeira edición da súa San Silvestre


Abre inscricións na cita a través da web da Federación Galega de Atletismo

O Concello de Neda celebrará este ano a súa primeira San Silvestre. Terá lugar o sábado 31 de decembro as 10:00 h, con saída e chegada na pista polideportiva do Roxal, e inclúese no calendario deportivo da Federación Galega de Atletismo e no circuito da Deputación provincial da Coruña.

A proba está aberta a todos/as os/as atletas, federados/as ou non, e a inscrición está aberta no portal da federación, no seguinte enlace: https://acortar.link/Y5A3Oe , onde tamén se pode acceder ao regulamento. O prazo conclúe o mércores 28 de decembro ás 23:59 horas.

Así, a retirada de dorsais desenvolverase dende unha hora antes do inicio da carreira, que discorrerá pola zona do Roxal, e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados por categoría (absoluta -5.400 metros-, sub 14 e sub 16 -1.400 m-, e sub 10 e sub 12 -700 m-), masculina e feminina. A cota de participación na categoría absoluta é de 6 euros, e gratuíta no resto.